O Goberno Local de San Sadurniño ofrécelle colaboración á dirección do CPI para un arranque de curso seguro
O alcalde, Secundino García, e maila concelleira Mari Carme Muíño reuníronse o venres á tarde coa directora do CPI de San Sadurniño e con representantes da ANPA e máis da Federación de Anpas de Ferrolterra para falaren sobre o comezo do curso e as medidas de prevención que será necesario poñer en práctica no centro. …